7. EXERCICIOS DE APLICACIÓN

Xeometría

 Folla de traballo

1. CÁLCULO DE ALTURAS A TRAVÉS DA MEDICIÓN DE SOMBRAS

Fai os seguintes exercicios no caderno e comproba os resultados na escena Descartes poñendo nela os teus datos (se descoñeces algún, pon cero)

Exemplo.

Alex quere calcular a altura do instituto.

Para elo mide a sombra que proxecta ás 10 da mañá que resulta ser unha sombra de 49 metros.

Nese mesmo momento mide a sombra proxectada polo cartel que hai xunto ao instituto, de 2 metros de alto, e obtén que é de 1,25.

Cánto mide o instituto?




Para resolver este exercicio debes poñer la lonxitude AB=49, a lonxitude DB=1,25 e a lonxitude DE=2. En canto poñas a lonxitude que non coñecemos igual a cero, é dicir, AC=0, obterás o resultado na escena



De igual maneira resolve no teu caderno os seguintes exercicios comprobando despois a súa solución coa axuda da escena.

 

Exercicio 1

Unha abre de 3 metros de altura da unha sombra de 1,2 metros. 

Cal é a altura dun monumento que da unha sombra de 4 metros?

 

Exercicio 2

A sombra de Xan mide 1,5 m e a dun semáforo mide 60 cm máis ca de Xan. 

Calcula cal é a lonxitude do semáforo sabendo que Xan mide 1,75 m.

 

Exercicio 3

Estando de excursión chegamos a un río de 6 m de ancho. Na beira hai unha abre, de 4m de altura, cuxa sombra se ve reflectida e ocupa todo o ancho do río.

Se mides 1,5m, canto medirá a túa sombra reflectida no río?

 

Exercicio 4

A sombra dun coche, que mide 1,4 m de altura, é de 3,5m.

A esa mesma hora, canto medirá a sombra dun autobús que mide 3,2 m de largo?







Unidade adaptada por Paula Blanco a partir dunha de Mª Aránzazu Calderón Barrientos




 




© Ministerio de Educación  Año 2009