7. EXERCICIOS DE APLICACIÓN |
|
Xeometría |
|
|
2. MEDICIÓN DE ALTURAS CON ESPELLOS |
MATERIAL * Un espello pequeno. * Unha cinta métrica. * Papel e lapis.
DESCRICIÓN Trátase de medir a altura dun edificio co material anteriormente enumerado. Para elo colocamos o espello no chan, entre o edificio e o observador, de forma que este, en posición erguida, poda ver a parte máis alta do edificio reflectida no espello. A continuación, se miden la altura del observador, h, (dende os ollos ao chan) ,a distancia da base do edificio ao espello, D, e a distancia do espello ao pé do observador, d. Cos datos obtidos e cun sinxelo razoamento de proporcionalidade e semellanza, podemos obter a altura que buscábamos, H.
|
|
Observa ben a escena. Segundo as leis da reflexión, o ángulo de incidencia coincide co de reflexión.
|
Contesta no teu caderno ás seguintes cuestións: 1.- Os dous triángulos que aparecen na escena son semellantes. Por qué? 2.- Coa cinta métrica podemos medir facilmente D, d y h. Cómo podemos calcular H? Poderías explicar de onde se obtén a fórmula para calcular H que aparece na escena? 3.- Cos datos, D, d y h, que aparecen na escena, calcula no teu caderno a altura do edificio, H. Comproba que teu resultado coincide co que se aparece na escena.
|
3. ACTIVIDADES PARA FACER NO PATIO |
MEDICIÓN DA ALTURA DO COLEXIO CON UN ESPELLO - Debes recoller os datos reais no patio necesarios para calcular a altura do colexio - Facer un debuxo e os cálculos necesarios - Comprobar os resultados na anterior escena Descartes |
MEDICIÓN DA ALTURA DO COLEXIO CON SOMBRAS * Un pau recto duns 70 cm. * Unha cinta métrica. * Papel e lapis.
DESCRICIÓN Colocamos o pau perpendicular ao chan. Medimos a lonxitude da sombra do colexio, D, e a do pau,d, e a altura deste, h. Cos datos obtidos e cun sinxelo razoamento de proporcionalidade e semellanza, podemos obter a altura que buscabamos, H.
- Debes recoller os datos reais no patio necesarios para calcular a altura do colexio
- Facer un debuxo e os cálculos necesarios - Comprobar os resultados na anterior escena Descartes |
|
Observa ben a escena. Contesta no teu caderno ás seguintes cuestións: |
1.- Son semellantes os triángulos da figura? Por qué? 2.- Cómo se calcula a altura do obxeto? 3.- Cos datos, D, d e h, que aparecen na escena, calcula no teu caderno dita altura. Comproba que o resultado coincide co que se indica na escena. 4. Qué limitacións pode ter este método? |
|
Unidade adaptada por Paula Blanco a partir dunha de Miguel Martín Cano |
|
|
|
|
© Ministerio de Educación. Año 2005 |
||
|
|
Los
contenidos de esta unidad didáctica están bajo una
licencia
de Creative Commons si no se indica lo contrario.