8. ESCALAS |
|
Xeometría |
1. CONCEPTO DE ESCALA |
Unha das aplicacións máis útiles da semellanza está no uso de mapas ou planos. Estas reproducións son reducións a escala, do espazo real. Chamamos escala á razón de proporcionalidade entre as distancias na representación (mapa, plano, maqueta...) coas súas respectivas distancias, homólogas, na realidade. Así, unha escala 1:100 indica que o que mide 1 na representación mide 100 na realidade. Evidentemente, podes usar calquera unidade de lonxitude para medir esas distancias; aínda que, habitualmente, ao medir sobre un plano usamos o centímetro (ou o milímetro).
|
Actividade 1. Contesta no teu caderno e comproba sobre a escena: O mapa dunha zona de Cantabria ten escrito “1:1 650 000”. Que significado ten? Se dous pobos están nese mapa a unha distancia de 35 cm, canto distan na realidade? Actividade 2. Contesta no teu caderno e comproba sobre a escena: Teño un plano con escala 1:150. A distancia entre as dúas paredes do salón é de 4 metros. Cal é a distancia entre esas dúas paredes representadas nese plano? Actividade 3. Contesta no teu caderno e comproba sobre a escena: A distancia entre dous pobos é de 25 km. A distancia entre eses dous pobos sobre un mapa é de 12.5 cm. Cal é la escala desa representación? |
|
|
|
|
|
|
|
||||||
|
||||||
|
|
|
Unidade adaptada por Paula Blanco a partir dunha de Adolfo García Uriarte |
|
|
||
© Ministerio de Educación. Año 2007 |
||
|
|
Los
contenidos de esta unidad didáctica están bajo una
licencia
de Creative Commons si no se indica lo contrario.