|
DESCRICIÓN DO DESENROLO DA EXPERIENCIA |
|
A experimentación levouse a cabo durante os meses de outubro e novembro de 2009 ao longo de 28 sesións distribuídas do seguinte xeito:
- 19 sesións na aula de informática
- 7 sesións na aula ordinaria
- 2 sesións de avaliación
Debido a que dispuxen da aula de informática en tres das catro sesións semanais, aproveitei esa cuarta sesión na aula de referencia para resolver dúbidas, aclarar conceptos e/ou introducir conceptos novos.
|
METODOLOXÍA |
- Os alumnos distribuíronse na aula de informática do seguinte xeito: seis parellas e dous que traballaron de forma individual.
- Eu como profesor fun un simple espectador que actuaba cando o requería o alumnado sempre seguindo as mesmas pautas: primeiro convindando a facer unha lectura más pausada e unha análise compartida dos aspectos polos que estaban a preguntar e, en caso de que con isto non fose suficiente, realizando as explicacións pertinentes.
- Antes de comezar un novo apartado en cada unidade, realizaba unha pequena explicación sobre o que os alumnos se ían atopar. A dificultade radicaba nos diferentes ritmos de aprendizaxe dos alumnos.
- Estes diferentes ritmos foron respectados en todo momento, se ben, procurouse axudar a aqueles alumnos que ían máis lentos ou que presentaban maiores dificultades de aprendizaxe.
- Os alumnos empregaron o caderno de clase para tomar apuntamentos e resolver os exercicios que lle eran propostos nas unidades didácticas. Precisamente, enfocar as follas de traballo como un boletín de exercicios e non como un caderno de traballo ao uso foi, ao meu parecer, o maior erro da miña metodoloxía.
|
FOLLAS DE TRABALLO |
Para ver as follas de traballo empregadas, premede nas seguintes ligazóns:
|
ESTRATEXIAS UTILIZADAS NA RESOLUCIÓN DE INCIDENCIAS RELEVANTES |
-
O feito de non impartir todas as sesións na aula de informática creou co paso das semanas pequenos conflitos temporais; como cada grupo ía ao seu ritmo nesa sesión dos venres onde correxiamos exercicios non todos os alumnos chegaran ao lugar onde eu presupoñía que deberían ter chegado. Así mesmo, a conceptos que algún grupo me pedía que lles matizase, outros aínda nin chegaran. De todos os xeitos, agradecín ter esa hora para poñer cousas en común e ata cabos que puideran ter quedado soltos. De feito, na segunda unidade decidín facer eu a introdución xeral en cada un dos apartados do tema, permitindo que tod@s fosen máis ou menos ao mesmo ritmo e que tiveran unha idea preconcibida do que se ían atopar.
-
Dous alumnos do grupo faltaron a clase durante catro ou cinco sesións no mes de outubro e perderon o fío da experimentación.Un deles, á volta, tivo a inestimable axuda do seu compañeiro de ordenador que non tivo reparo en ofrecerse voluntario en botarlle unha man alegando que así podería repasar, pero a outra, que era unha das que traballaba soa, veuse na obriga de facer un esforzo enorme para poñerse ao día. Tiven que sentarme con ela e axudala para que non se quedara demasiado atrás.
-
As miñas follas de traballo non eran de todo axeitadas. Decateime durante a experimentación de que os alumnos perderon demasiado tempo anotando cousas que eu xa lles podería ter dado por escrito previamente se houbese creado un caderno axeitado e que lles servise de guía ao alumnado. A miña idea de folla de traballo = boletín de exercicios foi, sen dúbida, o meu gran erro dentro da experiencia.
-
Non tiven demasiada sorte coas sesións que teño co grupo no que levei a cabo a experiencia: dúas delas eran pola tarde e a outra a última hora da mañá. Esta circunstancia fixo que moitas veces @s alumn@s estiveran máis alterad@s do normal e tivera que chamalos á orde. Recoñezo que só foron momentos puntuais e que, en certo modo, é comprensible que estiveran cansos a esas horas.
-
Os alumnos non podían traballar por si mesmos na casa xa que traballo nun centro do rural e ningún dos alumnos ten acceso á Internet na casa. De todos os xeitos, aos que se mostraron interesados, faciliteilles as unidades nun dispositivo portátil para que as puideran instalar nos seus ordenadores particulares.
-
Como regra xeral, o alumnado non lía os enunciados nin os textos das distintas páxinas e/ou exercicios. Preguntas e expresións do tipo E aquí que hai que facer? ou isto non o entendo... repetíanse con moita asiduidade. Loxicamente, sempre os convidaba a ler de novo o que poñía na pantalla e a non querer acabar canto antes: case sempre con iso era suficiente.
|
|