Índice Porcentaxes.
 

Aumentos porcentuais

Un traballador gañaba 1580 ? ao mes no ano 2005. ¿Canto gañará ao mes en 2006 se o soldo tivo unha suba do 2%?

1580 +2% de 1580 = 1580 +0.02 · 1580 = (1 +0.02) · 1580 =1.02 · 1580 =1611.60

Gañará 1611.60 ? ao mes

Un aumento porcentual é engadir unha porcentaxe a certa cantidade.

5. Calcula os seguintes aumentos porcentuais no teu caderno e logo comproba os resultados na escena.

a) Nun instituto hai un 12% máis de alumnas que de alumnos. ¿Cantas alumnas hai sabendo que hai 150 alumnos?

b) O prezo dunha bicicleta que custaba 400 ? o ano pasado, subiu un 20%. ¿Cal é o prezo actual?

c) Actualmente danme 15 ? mensuais de paga, pero convencín os meus pais para que me suban o 15%. ¿Cal será a miña paga a partir de agora?


O IVE
O IVE (Imposto sobre o Valor Engadido) é un imposto que hai que pagar cada vez que compra algo. A maioría das veces o seu importe xa vén incluído no prezo, pero noutras ocasións hai que calculalo. O IVE é unha porcentaxe e o seu valor dependerá do tipo de ben que se adquira.
Exemplo:
Unha familia come nun restaurante por 64 €?. ¿Canto terán que pagar se a ese valor se lle engade o 7% de IVE?
64 +7% de 64 =1'07 · 64 =68.48
Pagarán 68.48 ?

6. Resolve os seguintes problemas de IVE no teu caderno e logo comproba os resultados na escena.

a) ¿Canto hai que pagar por un disco de 15 ? se hai que sumarlle o 16% de IVE?

b) A factura de teléfono deste mes é de 45 ? sen IVE. ¿Canto será ao engadirlle o 16% de IVE?

c) ¿Canto nos custará durmir unha noite nun hotel sabendo que o cuarto vale 70 ? sen IVE e o IVE é do 7%?


Volver ao índice Cálculo porcentaxe

Disminucións porcentuais

Mª del Pilar Revelles Contraeras       Traducción ao galego: Pedro A. Pazos García
© Ministerio de Educación e Ciencia. Ano 2006