Índice Porcentaxes.
 

Definición.

As fraccións con denominador igual a 100 chámanse fraccións porcentaxes ou, simplemente, porcentaxes.

Lemos: 30 por cento; 28 por cento; 70 por cento; e 12 por cento.

Podemos representar graficamente estas porcentaxes igual que se fai coas fraccións.

1. Na seguinte escena pódense representar porcentaxes.

Cambia o valor da porcentaxe mediante as flechiñas ou introduce directamente na caixiña o valor desexado e pulsa INTRO.


Cálculo de porcentaxes

¿Canto é o 30% de 200?

Para calcular a porcentaxe dunha cantidade multiplícase a cantidade polo número decimal equivalente á porcentaxe

2. Calcula as seguintes porcentaxes no teu caderno e logo comproba os resultados na escena.

Porcentaxe

Cantidade

10% de 32
25% de 560
32% de 321
5% de 1000
50% de 40
35% de 8
60% de 200
4% de 100
81% de 75
7% de 98

Cambia os valores da porcentaxe e da cantidade.

3. Enche a seguinte táboa no teu caderno utilizando a escena anterior e contesta ás preguntas que seguen:
100% de 100 = 50% de 100 = 25% de 100 = 10% de 100 =
100% de 80 = 50% de 80 = 25% de 80 = 10% de 80 =
100% de 50 = 50% de 50 = 25% de 50 = 10% de 50 =
100% de 20 = 50% de 20 = 25% de 20 = 10% de 20 =
100% de 10 = 50% de 10 = 25% de 10 = 10% de 10 =

a) ¿Canto é o 100% dunha cantidade?

b) ¿Por que número hai que dividir unha cantidade para calcular o seu 50%? ¿Que fracción é equivalente ao 50%?

c) ¿Por que número hai que dividir unha cantidade para calcular o seu 25%? ¿Que fracción é equivalente ao 25%?

d) ¿Por que número hai que dividir unha cantidade para calcular o seu 10%? ¿Que fracción é equivalente ao 10%?

4. ¿Que resultado é o correcto?

Pica co rato o punto vermello e leva o á caixa do número que che pareza correcto. Para facer outro exercicio pulsa o botón inicio


Volver ao índice Aumentos porcentuais
Mª del Pilar Revelles contraeras       Traducción ao galego: Pedro A. Pazos García
© Ministerio de Educación e Ciencia. Ano 2006