Índice Porcentaxes.
 

Diminucións porcentuais

Hai un ano comprei un coche que me custou 8000 ?. Se o vendese agora daríanme un 35% menos do seu valor inicial. ¿Cal é o prezo actual do coche?

8000 -35% de 8000 = 8000 -0'35 · 8000 = (1-0'35) · 8000 =0'65 · 8000 =5200

O seu prezo actual é 5200 ?

Unha diminución porcentual é quitar unha porcentaxe a certa cantidade.

7. Calcula as seguintes diminucións porcentuais no teu caderno e logo comproba os resultados na escena.

a) Un ordenador custa este ano 850 ?. ¿Canto custará o ano que vén sabendo que perderá o 40% do seu valor?

b) Os meus pais déronme 40 ? polo meu aniversario. ¿Canto me quedará ao final do día se gasto o 80% do que me deron?

c) Un traballador ten un salario bruto de 980 ? ao mes, do que lle descontan un 12% en impostos. ¿Que salario neto percibe?


AS REBAIXAS
As rebaixas son un caso particular de diminución porcentual.
Exemplo:
Unha cadea musical custaba 800 ?, pero fanme unha rebaixa do 15%. ¿Canto debo pagar pola cadea?
800 -15% de 800 =0'85 · 800 =680
Debo pagar 680 ?

8. Resolve os seguintes problemas no teu caderno e logo comproba os resultados na escena.

a) Nunha tenda fan unha rebaixa do 20% a todos os artigos. ¿Canto custará agora unha camisa que antes custaba 35 ?? ¿E un pantalón de 40 ??

b) Teño 52 ? e quérome comprar un MP3 que custaba antes das rebaixas 60 ?. ¿Poderei pagalo se o rebaixan un 15%?

c) Quero comprar unhas zapatillas de deporte. Nunha tenda vexo dous que me gustan; as primeiras teñen un prezo de 45 ? e unha rebaixa do 30% e as segundas custan 35 ? pero non teñen rebaixa. ¿Cales salguen máis baratas?


Volver ao índice Aumentos porcentuais

Autoavaliación

Mª del Pilar Revelles contraeras       Traducción ao galego: Pedro A. Pazos García
© Ministerio de Educación e Ciencia. Ano 2006