O EXPERIMENTO DE RUTHERFORD |
||
No 1911, o físico e químico Ernest Rutherford e os seus colaboradores bombardearon unha fina lámina de ouro con partículas alfa (positivas), procedentes dun material radioactivo, a gran velocidade. O experimento permitiu observar o seguinte comportamento nas partículas lanzadas: A maior parte delas atravesaron a lámina sen cambiar de dirección, como era de esperar. Algunhas desviáronse considerablemente. Unhas poucas partículas rebotaron cara a fonte de emisión. Nesta escena pódense ver os detalles do experimento:
|
|
O comportamento das partículas non podía ser explicado co modelo de Thomson, así que Rutherford abandonouno e suxeriu outro baseado no átomo nuclear. Modelo de Thomson: De acordo con este modelo, no cal a carga positiva de cada átomo está distribuída de forma homoxénea, as partículas positivas que atravesan a lámina non deberían ser apreciablemente desviadas da súa traxectoria inicial. Evidentemente, isto no ocorría. Modelo de Rutherford: A carga positiva está concentrada nun núcleo central, de maneira que as partículas positivas que pasan moi cerca del desvíanse bastante da súa traxectoria inicial e só aquelas poucas que chocan directamente co núcleo regresan na dirección da que proceden. Nesta escena pódese observar o que tiña que ocorrer con cada un destos modelos, o de Thomson (que deixou de ser válido) e o novo proposto por Rutherford:
|