MODELO ATÓMICO DE RUTHERFORD |
||
O Modelo de Rutherford establecía: O átomo ten un núcleo central no que están concentradas a carga positiva practicamente toda a masa. A carga positiva dos protóns é compensada coa carga negativa dos electróns, que están fora do núcleo. O núcleo conten, por tanto, protóns nun número igual ao de electróns do átomo. Os electróns xiran a gran velocidade ao redor do núcleo e están separados de este por unha gran distancia. Rutherford supuxo que o átomo estaba formado por un espazo fundamentalmente baleiro, ocupado por electróns que xiran ao redor dun núcleo central moi denso e pequeno.
|
|
Na seguinte escena pódese ver o Modelo de Rutherford para átomos dos 5 primeiros elementos da táboa periódica:
O átomo queda constituído por: Unha zona central ou núcleo onde se atopa a carga total positiva (a dos protóns) e a maior parte da masa do átomo, aportada por os protóns e neutróns. Unha zona externa ou codia onde atópanse os electróns, que xiran ao redor do núcleo. Hai tantos electróns na codia como protóns no núcleo, polo que o conxunto do átomo é electricamente neutro. |