J. C. Ares Rodríguez |
|
Juan Carlos Ares Rodríguez IES Carlos Casares Vigo |
Elabóranse dúas unidades didácticas destinadas ao alumnado do Programa de Diversificación Curricular de 3º de ESO. Ensáianse dúas concepcións diferentes: Na primeira unidade didáctica dáselle ao alumnado maior autonomía cara a súa aprendizaxe. O traballo na aula realízase individualmente, tomando como base un guión que describe detalladamente as tarefas que o alumnado debe levar a cabo no ordenador e no seu caderno. Deste xeito, ao mesmo tempo que aprende no ordenador, vai elaborando a unidade didáctica no seu caderno, recollendo os conceptos máis importantes e realizando as actividades que se lle propoñen. O profesor actúa nalgúns momentos planteando cuestións para debatir en grupo, noutros momentos facendo aclaracións ou destacando aspectos importantes, e en todo caso apoiando a aprendizaxe do alumnado. Na segunda unidade didáctica elíxese un procedemento máis dirixido polo profesor. O desenvolvemento faise a través dunha presentación tipo Power-Point, utilizando diversas esceas interactivas no momento adecuado. Igual que na primeira unidade didáctica o alumno debe recoller no seu caderno os conceptos e as actividades correspondentes. |
UNIDADE ___DIDÁCTICA:___ O ÁTOMO | ||
Avaliación Inicial | ||
Avaliación final | ||
Exercicios | ||
Ficha de traballo do alumnado | ||
Unidade didáctica |