Probabilidade

SUCESOS ALEATORIOS

 

III. OPERACIÓNS CON SUCESOS ALEATORIOS

INCLUSIÓN DE SUCESOS

Un suceso aleatorio A está incluído noutro suceso B se acontece B sempre que acontece A, é dicir, se todos os elementos de A están en B. Isto exprésase da forma A Ì B.Tamén se di que A implica B.

Por exemplo, no experimento de lanzar un dado o suceso A6="Sacar un cinco" está incluído no suceso A1="Sacar impar".

Actividades:
3.1.-Busca inclusións de sucesos nos sucesos definidos nos experimentos de lanzar un dado (escena da actividade 2.1) e de sacar unha bóla numerada do 0 ao 49 (escena da actividade 2.2).

 

SUCESOS CONTRARIOS  
Dado un suceso A, chámase suceso contrario de A ao suceso que acontece sempre que non acontece A, exprésase da forma Ac. Os sucesos contrarios tamén se chaman complementarios..
Por exemplo, no experimento de lanzar un dado, o suceso contrario de A
9="sacar par" é o suceso A1="sacar impar"; polo tanto, verifícase a igualdade (A9)c=A1.

Actividades:
3.2.- Para ver cál é o suceso contrario dun suceso selecciona este e observa os resultados da zona vermella.

a) Describe os sucesos contrarios de A1, A4, A6 e A10.
b) ¿Cal é o contrario do suceso seguro? ¿E o do suceso imposible?
c) Comproba que se verifica a igualdade (A
c)c = A.

 

UNIÓN DE SUCESOS

O suceso unión AUB é o suceso que acontece cando acontece A, acontece B ou acontecen ambos os dous.O suceso AUBestá formado por todos os elementos de Ae todos os de B
Por exemplo, a unión dos sucesos A
2="sacar un número menor que tres" e A9="sacar par" é o suceso A2UA9="Non sacar nin un tres nin un cinco".

Actividades:

3.3.- Para ver cál é a unión de dous sucesos selecciona estes cos controis e observa cáles son os resultados incluídos en toda a zona vermella.

a) Expresa como unión de dous sucesos os sucesos "Non sacar nin un un nin un tres", "Sacar un un, un catro ou un cinco", "Sacar un un, un dous ou un catro", "Sacar par" e "Sacar calquera número". Observa que algúns destes sucesos se poden expresar como unión de dous sucesos de varias formas distintas.
b) Describe os sucesos A
1UA8, A1UA9, A3U A7 e A7UA8.  
c) ¿Que acontece ao formar a unión do suceso seguro W (aquí A
4) con calquera outro suceso?
d) ¿Que acontece ao formar a unión do suceso imposible Ø (aquí A
5) con calquera outro suceso?
e) Comproba que a unión de sucesos é conmutativa, isto é, verifícase a igualdadeAU B = BU A.
f) Comproba que se verifica a igualdade AUA=A para calquera suceso A.

 

INTERSECCIÓN DE SUCESOS  

O suceso intersección AÇB é o suceso que acontece cando acontece A e acontece B. O suceso AÇB está formado polos resultados comúns aos sucesos A e B.

Por exemplo, a intersección dos sucesos A2="sacar un número menor que tres" e A9="sacar par" " é o suceso A2ÇA9="Sacar un dous".

 

Actividades:

3.4.- Para ver cál é a intersección de dous sucesos selecciona estes cos controis e observa cáles son os resultados incluídos en toda a zona vermella.

a) ¿Que acontece ao formar a intersección do suceso seguro W (aquí A4) con calquera outro suceso?.
b) ¿Que acontece ao formar a intersección do suceso imposible Ø (aquí A5) con calquera outro suceso?.
c) Comproba que a intersección de sucesos é conmutativa, isto é, verifícase a igualdade AÇB = BÇA.
d) Comproba que se verifica a igualdade AÇA=A para calquera suceso A.
e) Busca dous sucesos a intersección dos cales sexa o suceso imposible e a súa unión o suceso seguro
f) ¿Que acontece coas interseccións de A
2
ÇA8 e A3ÇA6?. 

 

Sucesos compatibles e incompatibles

Cando se verifica a igualdade AÇB = Ø dise que os sucesos A e B son dous sucesos incompatibles, e, cando a intersección non é o suceso imposible os sucesos chámanse compatibles.

Os sucesos A2 e A8 son incompatibles. Tamén o son A3 e A6.

Actividades:

3.5.- Busca máis parellas de sucesos incompatibles. Busca parellas de sucesos compatibles. ¿Como son dous sucesos contrarios?

  Autor Enrique Armenteros Sanchez traducida por Adelino Pose Reino
 
© Ministerio de Educación, Politica Social y Deporte. 2008