Probabilidade

SUCESOS ALEATORIOS

 

I. EXPERIMENTO ALEATORIO. ESPAZO MOSTRAL

Experimento aleatorio
Un experimento é un experimento aleatorio se pode dar lugar a varios resultados e de antemán non se pode saber cál deles vai acontecer. Por exemplo, lanzar un dado, extraer unha bóla dunha urna, etc.

Espazo mostral
Chámase espazo mostral dun experimento ao conxunto de todos os resultados posibles.

 

Actividades:
1.1. - Para ver cál é o espazo mostral dalgúns experimentos aleatorios só tes que seleccionar o número de experimento na parte superior da escena:

0. - Ningún experimento.
1. - Lanzar un dado.
2. - Sacar unha bóla dunha urna que contén ten 50 bólas numeradas do 0 ao 49.
3. - Sacar dúas bólas dunha urna que ten 6 bólas brancas, 5 negras e 1 vermella.
4. - Lanzar dúas moedas.
5. - Ordenar ao chou as letras A, B, C e D.

Escríbeo na túa folla de traballo

 


II. SUCESOS ALEATORIOS

Suceso aleatorio
Un suceso aleatorio é un subconxunto do espazo mostral, isto é, un conxunto de resultados posibles do experimento aleatorio.

 

 

Actividades:
2.1. - Observa no experimento de lanzar un dado os sucesos A1 = "sacar un número impar", A2 = "sacar un número menor que tres", A3 = "sacar un un ou un catro", A4 = "

sacar un número maior que cero", A5 = "sacar un múltiplo de sete" e A6 = "sacar un cinco". Para seleccionar cada un destes sucesos deberás cambiar o valor de A na parte inferior da escena.

a) Describe cunha frase os sucesos A7, A8, A9 y  A10.
b) ¿Que ten de particular o suceso A
4?, ¿e o suceso A5?
c) ¿En qué se diferencian os sucesos A
1, A2 , A3, A8, A9 y A10 dos sucesos A6 e A7
?

Suceso seguro
O suceso seguro é aquel que está formado por todos os resultados posibles, isto é, todo o espazo mostral entendido como un suceso aleatorio. Exprésase coa letra grega . W . Chámase suceso seguro porque é o suceso que sempre acontece.

Observarías que A4= W.

Suceso imposible
O suceso imposible é aquel que está formado ningún resultado isto é, o conxunto baleiro. Exprésase co símbolo Ø. Chámase suceso imposible porque é o suceso que nunca acontece.

Observarías que A5= Ø.

Suceso elemental
Un suceso dise que é un suceso elemental se está formado por un único elemento do espazo mostral.

Decataríaste que os sucesoss A6 e A7 son dous sucesos elementais.

Suceso composto
Un suceso dise que é un suceso composto se está formado por máis dun elemento do espazo mostral.

Os sucesos A1, A2 , A3, A8, A9 e A10 son sucesos compostos.

Actividades:
2.2. - Busca no experimento aleatorio das bólas numeradas sucesos seguros, sucesos imposibles, sucesos elementais e sucesos compostos. Localiza os sucesos "sacar unha bóla menor que 20", "sacar unha bóla par" e "sacar a bóla 13". Describe cunha frase todos os demais sucesos que aparecen nesta escena.

  Autor Enrique Armenteros Sanchez traducida por Adelino Pose Reino
 
© Ministerio de Educación, Politica Social y Deporte. 2008