Probabilidade SUCESOS ALEATORIOS |
I.
EXPERIMENTO ALEATORIO. ESPAZO MOSTRAL
Experimento
aleatorio
Un
experimento é un experimento aleatorio se pode dar lugar a
varios resultados e de antemán non se pode saber cál deles vai
acontecer. Por exemplo, lanzar un dado, extraer unha bóla dunha
urna, etc.
Espazo
mostral
Chámase
espazo mostral dun experimento ao conxunto de todos os resultados
posibles.
Actividades:
1.1. - Para ver cál
é o espazo mostral dalgúns experimentos aleatorios só tes que
seleccionar o número de experimento na parte superior da escena:
0. - Ningún experimento. |
1. - Lanzar un dado. |
2. - Sacar unha bóla dunha urna que contén ten 50 bólas numeradas do 0 ao 49. |
3. - Sacar dúas bólas dunha urna que ten 6 bólas brancas, 5 negras e 1 vermella. |
4. - Lanzar dúas moedas. |
5. - Ordenar ao chou as letras A, B, C e D. |
Escríbeo na túa folla de traballo
II.
SUCESOS ALEATORIOS
Suceso
aleatorio
Un suceso aleatorio é un subconxunto do
espazo mostral, isto é, un conxunto de resultados posibles do
experimento aleatorio.
Actividades:
2.1. - Observa no
experimento de lanzar un dado os sucesos A1
= "sacar un
número impar", A2
= "sacar un
número menor que tres", A3
= "sacar un un ou
un catro", A4 =
"
sacar un número maior que cero", A5 = "sacar un múltiplo de sete" e A6 = "sacar un cinco". Para seleccionar cada un destes sucesos deberás cambiar o valor de A na parte inferior da escena.
a) Describe cunha frase
os sucesos A7, A8,
A9 y A10.
b) ¿Que ten de particular o suceso A4?,
¿e o suceso A5?
c) ¿En qué se diferencian os sucesos A1,
A2 , A3,
A8, A9
y A10
dos sucesos A6 e A7?
Suceso
seguro
O
suceso seguro é aquel que está formado por todos os resultados
posibles, isto é, todo o espazo mostral entendido como un suceso
aleatorio. Exprésase coa letra grega . W . Chámase suceso
seguro porque é o suceso que sempre acontece.
Observarías que A4= W.
Suceso
imposible
O
suceso imposible é aquel que está formado ningún resultado
isto é, o conxunto baleiro. Exprésase co símbolo Ø. Chámase
suceso imposible porque é o suceso que nunca acontece.
Observarías que A5= Ø.
Suceso
elemental
Un suceso dise que é un suceso elemental se
está formado por un único elemento do espazo mostral.
Decataríaste que os sucesoss A6 e A7 son dous sucesos elementais.
Suceso
composto
Un suceso dise que é un suceso composto se
está formado por máis dun elemento do espazo mostral.
Os sucesos A1, A2 , A3, A8, A9 e A10 son sucesos compostos.
Actividades:
2.2. - Busca no
experimento aleatorio das bólas numeradas sucesos seguros,
sucesos imposibles, sucesos elementais e sucesos compostos.
Localiza os sucesos "sacar unha bóla
menor que 20", "sacar
unha bóla par" e "sacar
a bóla 13". Describe cunha frase todos
os demais sucesos que aparecen nesta escena.
|