Índice Representación gráfica dos números:
Números irracionais.
Análise

Representación dos números irracionais.

Tamén os números irracionais, as raíces, por exemplo, se representan na recta.

Por exemplo, para calcular o punto que representa o número Ö2 realiza os seguintes pasos:

  • Levanta sobre a recta un cadrado o lado do cal sexa o segmento unidade entre o 0 e o 1. Segundo o teorema de Pitágoras, a diagonal do cadrado mide Ö2.

  • Utiliza un compás para trasladar esa diagonal sobre a recta. O punto de corte do arco do compás sobre a recta representa o número Ö2.

Fíxate na seguinte figura e debúxaa no teu caderno.

raiz2.gif (1946 bytes)

6. De xeito similar, construíndo cadrados ou rectángulos de distintas dimensións pódese construír a raíz cadrada de moitos números enteiros. Debuxa no teu caderno un rectángulo de lados 3 e 2. A súa diagonal medirá a raíz cadrada de 13.

Modifica coas flechitas os valores da base e da altura.

Observa na escena o debuxo tal como debe quedarche no caderno.

Realiza tamén a representación dos seguintes números: Ö5, Ö10


Volver ao índice Atrás  
Fernando Arias Fernández-Pérez       Traducción ao galego: Pedro A. Pazos García
© Ministerio de Educación e Ciencia. Ano 2001