2. Funcións de primeiro grao

Termo independente

En calquera función f(x) o corte da súa gráfica co eixe OY ou eixe de ordenadas, é o punto (0, f(0)), por tanto o seu valor en cero define o corte co eixe de ordenadas. 

No caso das funcións polinómicas f(0) coincide co coeficiente de grao cero o termo independente da función, por tanto nada máis ver a expresión xa recoñecemos un punto da súa gráfica, o corte no eixe de ordenadas

 
A gráfica de f(x)=ax+b corta o eixe OY en b

 

Observa na escena como ao modificar o coeficiente de x, non cambia o corte da gráfica no eixe OY

Preme sobre o botón para facer uns exercicios.

anterior
siguiente