DATOS XERAIS |
PROFESORA: Mª Isabel Hermida Rodríguez
CENTRO: C.P.I. "A Xunqueira", Fene
GRUPOS COS QUE SE LEVOU A CABO A EXPERIENCIA:
Dous grupos de
4º da ESO, nos que todos os alumnos están matriculados na
materia Matemáticas-opción B, con 19 alumnos en 4º A
e 16 en 4º B
Sexo |
Mulleres |
Homes |
49% |
51% |
Idade |
15 anos |
16 anos |
14% |
86% |
Nacionalidade |
Galegos |
Extranxeiros |
97% |
3% |
Todos eles dispoñen de ordenador na súa casa e de conexión a Internet |
|
|
OBXECTIVOS DA EXPERIENCIA |
Con respecto a min
- Aplicar o aprendido no curso Descartes2
- Aplicar as TIC na miña labor cotiá
- Deixar de ser a protagonista das clases, cambiando a
metodoloxía: en vez de explicar a materia, responder as
dúbidas que se presenten cando eles fagan os descubrimentos
- Motivar os meus compañeiros de departamento para que usen Descartes
|
Con respecto os alumn@s
- Motivar os rapaces, para que teñan unha actitude positiva fronte as matemáticas
- Transformalos en elementos activos no proceso da aprendizaxe
- Mellorar a súa capacidade de comprensión lectora
- Que sexan capaces de aprender dos seus erros
- Acadar os obxectivos reflectidos na programación do departamento para o tema a tratar
- Mellorar o rendemento académico
|
|
CONTIDOS MATEMÁTICOS APRENDIDOS |
Vectores
- Concepto de magnitude escalar e vectorial
- Definición de vector e seus elementos; cálculo das súas coordenadas
- Vectores equivalentes e paralelos
- Operacións con vectores: suma, resta, produto por un número, suma dun punto cun vector
- Aplicacións no cálculo de perímetros e puntos medios de segmentos
|
AULA DE ORDENADORES |
Condicións
A aula dispón de 13
ordenadores para os rapaces e un para o profesor; todos os
ordenadores dos alumnos foron instalados o curso pasado, son Dell con
procesador AMD 64 Athlon x2 e contan con lector-gravador de DVD, cun
monitor de 15" de pantalla plana, dous portos USB frontais; o do
profesor é un portátil Dell de características similares. O seu
sistema operativo é Windows XP, teñen instalados os navegadores
Explorer e Firefox; todos están bloqueados para que soamente o
administrador poda instalar novos programas. Todos están conectados
entre si a unha rede de aula. Dispoñemos de ADSL, con acceso é a
través dunha rede wi-fi exclusiva da aula, cunha velocidade
aceptable. O
ordenador do profesor está conectado a un canón que ten unha
pantalla situada xusto detrás da mesa do profesor, co que todos os
alumnos poden ver o que se fai nel, o que resultou moi útil para as
explicacións.
Forma de uso
No horario teño adxudicada a
aula de informática para tódalas sesións, que son tres semanais en
4º da ESO. Esta aula atópase o lado das aulas de 4º, o que
facilita o traslado dos rapaces. As sesións foron: en 4º A martes,
mércores e venres; en 4º B luns, martes e xoves, sempre a primeira
ou segunda hora da mañá.
Preferín que se distribuiran en 4º A por parellas, porque funcionaron
moi ben nas outras veces que traballamos así; 4º B hai un grupo de
rapaces que preferín que estiveran sos porque nas experiencias
anteriores o seu comportamento non fora moi bo e así obrigueinos a
traballar máis e tívenos máis controlados. Instalei localmente
en cada equipo a unidade didáctica, cunha icona de acceso
directo no escritorio, dado que o Descartes xa estaba instalado en
todos os postos. |
|
UNIDADE DIDÁCTICA UTILIZADA |
A
unidade didáctica elaboreina despois de facer todas as prácticas do
curso Descartes2; decidín facela sobre o tema de vectores porque é a mateira
que correspondía para as datas nas que faría a experimentación. Procurei
non poñerlles extensas explicacións teóricas senón exercicios que
permitan aos rapaces deducir por eles mesmos os resultados, aínda que
con "pistas". Consta de catro páxinas, as tres primeiras para explicar
os coñecementos matemáticos que están na programación do curso e na
última únicamente hai exercicios de aplicación. |
|
|
DESENROLO DA EXPERIENCIA |
Adiqueille
en total 6 sesións en ambolos dous grupos comezando o 20 de maio e
rematando o 2 de xuño. O longo da experimentación os rapaces
descubriron catro erros nas escenas, que xa correxín na versión que
aparece neste informe da unidade didáctica
Na
primeira sesión adxudiquei a cada alumno o seu posto, expliquei o
funcionamento das escenas da primeira páxina para que eles traballaran;
resultoulles difícil deducir como calcular as coordenadas dun vector
coñecendo os seus extremos, quizás debería de ter incluído nesta escena
un botón coa solución; tamén tiven que explicar en bastantes casos como
calcular o módulo do vector aplicando o teorema de Pitágoras.
Na
segunda sesión traballaron coa segunda páxina, explicando para todos
como funcionan súas escenas e os obxectivos delas; resultoulles máis
doada que a páxina anterior, e o feito de ter a solución das dúas
cuestións plantexadas fixo que traballaran de xeito autónomo.
Descubriron un par de erros na escena de vectores paralelos, nas
coordenadas dos extremos dos vectores. Algúns rapaces remataron a
última escena da primeira páxina, dado que na sesión anterior non lles
dera tempo.
Na terceira e cuarta sesión traballaron coa
terceira e cuarta páxina, nas que trátase as operacións con vectores;
estas escenas resultáronlles sinxelas de utilizar, polo que apenas
xurderon dúbidas, únicamente coa suma de vectores, polo feito de ser
conmutativa, tiven que dar explicacións adicionais. No exercicio 8.2 o
enunciado non estaba ben redactado, polo que na pizarra redacteino de
xeito correcto.
Na quinta e sexta sesión traballaron
coa quinta páxina, na que aparecen exercicios e a súa solución. O
funcionamento desta escena non tivo dificultade, e de novo detectaron
algúns erros nas solucións de dous exercicios.
|
Caderno de traballo
Elaborei un caderno de traballo no que aparece exactamente
o mesmo que nas páxinas das unidades, agás as escenas. Insistín moito que tiñan que traballar
simultáneamente coas páxinas Descartes e co caderno, para
que non se esqueceran de escribir os resultados e anotasen
conclusións. |
|
Avaliación
O 10 de xuño os rapaces fixeron unha proba escrita sobre a materia. |
|
DATOS AVALIACIÓN |
Resultados en 4º A
A proba tivo bos resultados, posto que aproban o 75% e o 15% obtivo a máxima cualificación.
|
Resultados en 4º B
Neste grupo os resultados foron mellores, posto que aproba o 80% e
ademáis o 72% obtivo cualificacións altas, notable ou sobresaínte.
|
Resultados comparados
Nesta avaliación os rapaces fixeron dous exames, no primeiro o método
empregado foi o tradicional: exposición da materia pola profesora na
aula, realización de exercicios e corrección na pizarra; o segundo
foi a proba de vectores correspondente a esta experiencia.
Como
se pode observar os resultados foron sensiblemente mellores neste 2º
exmen, posto que en ámbolos dous grupos a porcentaxe de aprobados
supera o 65%. Observando os rapaces que non superaron a proba, foron
aqueles que durante o curso xa non mostraron ningún interés nos seus
estudos, e por ser final de curso a súa actitude xa é de non facer
nada; pola contra aqueles que acostumaban ter dificultades nas probas,
esta vez conseguiron aprobar.
| |
|
VALORACIÓN DOS ALUMNOS |
RESULTADOS DA ENQUISA PECHADA |
|
|
|
A valoración da preguntas é dende 1-nada ata 5-moito En xeral non teñen lles gustan especialmente as matemáticas aínda que gustan un pouco máis en 4º B | A valoración da preguntas é dende 1-insuficiente ata 5-sobresaínte En xeral aproban a materia, con notas non moi brillantes, pois a maioría está entre suficiente e ben. |
|
|
A valoración da preguntas é dende 1-nada ata 5-moito
En
xeral todos mostraron bastante interese en facer as clases dun xeito diferente, e
máis da metade en 4º A tiñan bastante interese inicial, en 4º B hai máis
alumnos que non mostraron apenas interese.
| A valoración da preguntas é dende 1-moitas ata 5-ningunha
En xeral non tiveron moita dificultade coas actividades, tan só o 25%
lle pareceron bastante complicadas e o 30% algo complicadas.. |
|
|
A valoración da preguntas é dende 1-nada ata 5-totalmente
En
ámbolos dous grupos o 30% prefire claramente o sistema tradicional ademais en
4º A ao 50% gústalle máis que o tradicional. |
A valoración da preguntas é dende 1-nada ata 5-moito
En xeral teñen a percepción de que aprenderon bastante, pero temos que ter en conta que fixen a enquisa antes que a proba de coñecementos |
| |
A valoración da preguntas é dende 1-nada ata 5-moito
En 4º A podemos decir que o 95% están contentos coa experiencia, pero
en 4º B hai un 20% que non lle gustou nada este método de traballo. |
A valoración da preguntas é dende 1-nada ata 5-moito
En
ámbolos dous grupos o 90% está contento de ter traballado en grupo, tan so o 10%prefire o traballo individual. |
| |
A valoración da preguntas é dende 1-nada ata 5-moito
En 4ºA parecen máis dispostos a volver a empregar esta ferramenta,
noutro grupo hai un 23% que non lles gustaría volver a empregala,
fronte o 5% de A. |
A valoración da preguntas é dende 1-nada ata 5-todo
En 4º A o 85% pensa que se aprende con este método e en 4º B o 72%, o
que concorda coa resposta a pregunta 6 (canto che parece que
aprendiches?) |
|
Casi
todas as respostas variaban do 1 (nada) ao 5 (todo), podemos considerar
que unha media de 2,5 sería normal, e todos os items superan esa media.
Destaca que nin sacan boas notas en matemáticas nin lles gusta moito a
materia, aínda así a valoración xeral é por enriba da media, destacando
como o máis positivo o traballo en equipo. Mención aparte para a
pregunta "Tiveches dificultades para facer as actividades?",
que valórase ao contrario que as demais (1-moitas 5-ningunha), polo que
a alta puntuación obtida reflicte que a dificultade non foi moi grande.
|
RESULTADOS DA ENQUISA ABERTA |
Estas son as respostas máis significativas dos rapaces, aínda que a maioría non contestaron nada.
|
Indica que é o que gustouche
máis da experiencia
- Traballar en equipo
- As escenas axudan a entender
- A clase é máis amena que unha clase tradicional
- É diferente o convencional
- Poder facer os exercicios cos debuxos
- Deducir nos mesmos a solución axuda a que logo o estudo da materia sexa máis sinxelo
| Indica que é o que gustouche
menos da experiencia
- Algunhas escenas tiñan erros
- A explicación non é tan fácil de entender como coa profesora
- Non foron suficientes exercicios
|
Indica o que cambiarías e o que non cambiarías
- Cambiaría a utilización do ordenador
- Non cambiaría o traballo en equipo
- A forma de explicar a materia, non os exercicios
- Non cambiaría o de facer os exercicios no caderno de traballo en vez de na libreta
|
Se queres aclarar algunha das respostas dadas na táboa anterior
- Na pregunta "Gustaríache continuar traballando con este método?", depende do tema a traballar
- Na pregunta "Crees que é posible aprender matemáticas así?", penso que sí que é posible, pero temo que os exercicios no examen nos sexan iguais ca estos
- Na pregunta "Prefires este sistema ao tradicional ?", deste xeito é máis divertido, polo tanto aprendín moito máis
|
Expresa túa valoración xeral ou os comentarios que
creas que son de interese
- É unha forma interesante de aprender, pero alternando co método tradicional
- É unha boa técnica pero non a máis eficaz
- É mellor o método tradicional
- Aprendo moito máis, non sinto a presión do grupo nin da profesora poido repetir un exercicio ata entendelo
- Esta é unha experiencia positiva xa que a clase é máis divertida e aprendes máis
|
Conclusión
Aos rapaces lles quedou unha boa impresión da
experiencia, aínda que un número importante deles pensa que é mellor o
método tradicional, porque o novo
método exíselles máis esforzo, xa non é a profe a que
explica, senón que eles mesmos deben descubrir os resultados; pero en xeral estiveron contentos. Para eles o ordenador é
sinónimo de xogo, tuenti ou messenger e descubriron
que tamén pode ser unha boa ferramenta de traballo.
|
|
VALORACIÓN DA PROFESORA |
Aspectos positivos
- A aprendizaxe é interactiva
- Maior motivación dos alumnos
- Desperta a cooperación entre os rapaces, axúdanse cando o compañeiro non é capaz de resolver un problema
- O uso das TIC axuda a visualizar as matemáticas, en especial neste tema de xeometría
- Os resultados na proba de coñecementos foron mellores que co método tradicional
| Aspectos negativos
- O esforzo que supón a preparación de todo o material
- Maior lentitude a hora de cumprir coa programación
- Tes que vixiar moi de cerca o que están a facer, para que non abran outros programas
- Os alumnos distráense con maior facilidade
|
|
Mª Isabel Hermida Rodíguez CPI "A Xunqueira" Fene
|
CURSO DESCARTES 2 2010 |