MASA ATÓMICA

A maioría dos elementos químicos presentan isótopos. Cando falamos da masa atómica dun elemento químico, referímonos á masa dun átomo “medio” dese elemento. Para calculala, teremos que ter en conta a masa de cada isótopo e a súa abundancia na natureza.