![]() |
Porcentaxes. |
| Álxebra | |
| 1. FORMA DECIMAL DAS PORCENTAXES | |
|
As porcentaxes son o mesmo que fraccións con denominador 100. Para calcular a forma decimal dunha porcentaxe so hai que facer a división. |
|
|
Pulsa o botón INICIO e verás exemplos de porcentaxes e a súa forma decimal. Copia no teu caderno un par de exemplos. |
|
| 2. CÁLCULO DO TANTO POR CENTO DUNHA CANTIDADE. | |
|
Para calcular un tanto por cento dunha cantidade, exprésase o tanto por cento na súa forma decimal e multiplícase esta pola cantidade. |
|
|
Pulsa o botón INICIO e verás exemplos de cálculo de tantos por cento de cantidades. Copia no teu caderno un par de exemplos. |
|
| 3. TANTO POR CENTO QUE REPRESENTA UNHA CANTIDADE RESPECTO AO TOTAL. | |
|
Para saber que tanto por cento representa unha cantidade respecto ao seu total dividimos a cantidade entre o total e obtemos a forma decimal da porcentaxe. Se queremos saber a porcentaxe so temos que multiplicar por 100 esta forma decimal. |
|
|
Pulsa o botón INICIO e verás exemplos de obtención da porcentaxe que representa unha cantidade respecto ao total. Copia no teu caderno un par de exemplos. |
|
| 4. EXERCICIOS. |
|
Nesta escena vas realizar unha serie de exercicios sobre o que viches nesta páxina, pulsa o botón EXERCICIO mentres non che digan o contrario. |
|
|
| Emilio Pazo Núñez | |
![]() |
|
| © Ministerio de Educación e Ciencia. Ano 2009 | |

Os
contidos desta unidade didáctica están baixo unha licenza
de Creative Commons se non se indica o contrario.