Fraccións e decimais.
Álxebra

3. FRACCIÓN XERATRIZ.

Fracción xeratriz dun número decimal é a expresión fraccionaria do número decimal.

DECIMAL EXACTO

Escribimos no numerador o número sen a coma e no denominador escribimos o un seguido de tantos ceros como cifras decimais ten. Logo simplifícase a fracción.

Pulsa o botón INICIO e verás un exemplo de fracción xeratriz dun número decimal exacto.

Copia no teu caderno polo menos dous exemplos.

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.

Decimal periódico puro

Para escribir un decimal periódico puro, N, en forma de fracción seguimos o procedemento indicado:

Multiplicamos o número decimal N por unha potencia de 10 para determinar outro número coa mesma parte decimal. É dicir, polo un seguido de tantos ceros como cifras ten o periodo.

A dito número lle restamos o número inicial e así obtemos un número sen parte decimal.

Despexamos N para chegar a unha fracción xeratriz do número decimal.

Por último, simplifícase a fracción.

Pulsa o botón INICIO e verás un exemplo de fracción xeratriz dun número decimal periódico puro.

Copia no teu caderno polo menos dous exemplos.

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.


Decimal periódico MIXTO

Para escribir un decimal periódico mixto, N, en forma de fracción seguimos o procedemento indicado:

Multiplicamos N dúas veces por potencias de 10 para conseguir dous decimais periódicos puros co mesmo período. Serán o un seguido de tantos ceros coma cifras hai ata comezar e ata rematar o período.

Ao restalos, obtemos un número enteiro.

Despexando N, obtemos unha fracción xeratriz.

Por último, simplifícase a fracción.


Pulsa o botón INICIO e verás un exemplo de fracción xeratriz dun número decimal periódico mixto.

Copia no teu caderno polo menos dous exemplos.

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.

4. EXERCICIOS.

Pulsa o botón EXERCICIO para xerar unha expresión decimal. Debes buscar a fracción xeratriz. Faino no teu caderno, escribes o numerador da solución no control numerador e o denominador da solución no control denominador e pulsas o botón SOLUCIÓN para ver se o fixeches ben.

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.

Indice
Miguel Angel Cabezón Ochoa e Emilio Pazo Núñez          Traducción ao galego: Pedro A. Pazos García
© Ministerio de Educación e Ciencia. Ano 2004

Licencia de Creative Commons
Os contidos desta unidade didáctica están baixo unha licenza de Creative Commons se non se indica o contrario.