Operacións combinadas
Operacións con números enteiros II
 

Operacións combinadas.
É unha expresión formada por números en operacións diversas e agrupados de formas diversas mediante parénteses, corchetes e chaves.
Para resolver operacións combinadas debemos dominar todo o estudado anteriormente.

- A misión de los parénteses é a de unir ou "empaquetar" aquelo ao que afectan.

- Os signos de multiplicar unen máis que os de sumar e restar, é dicir, cando dous números están unidos polo signo de multiplicar forman un bloque inseparable, mientres que se os une un signo de sumar ou restar están más soltos.

- Debemos coñecer as propiedades das operacións para non facer algo que sexa incorrecto.

- Para poder sumar ou restar dous números deben estar soltos, non podemos sumar dous números se un de eles está unido polo outro lado a outra expresión mediante un signo de multiplicar.

- As operacións combinadas resolvense en varios pasos, todo o que non se resolva nun paso se debe copiar outra vez tal como estaba, sen olvidalo nin cambialo de posición.

- Por iso, antes de comezar a resolver operacións combinadas debemos observar a expresión e plantexarnos unha estratexia a seguir, o que imos a facer antes e despois.

- Como norma xeral é aconsellable comezar resolvendo o do interior do paréntese, seguir logo coas multiplicacións e terminar realizando as sumas que queden.

  Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.

Nesta actividade debes marcar no control baixo a escena o número que segue ao resolver a expresión.

Cando o número marcado sexa o correcto aparecerá na escena, se non é o correcto non aparecerá.

Debes facelo sucesivamente, paso a paso, para elo debes borrar o número anterior.

Non se trata de que atopes directamente o resultado final.

Ao picar sobre inicio aparecerá outra expresión diferente de operacións combinadas. Resolve varias delas.


         
           
  Eduardo Barbero Corral (traducción ó galego de Emilio Pazo Núñez)
 
© Ministerio de Educación. Año 2005
 
 

Licencia de Creative Commons
Os contidos desta unidade didáctica están baixo unha licenza de Creative Commons se non se indica o contrario.