![]() |
A calculadora |
| Calculadora de pantalla sinxela | |
| 4. As fraccións |
| Escribir unha
fracción Para escribir unha fracción, primeiro poñemos o numerador, despois pulsamos e despois poñemos o
denominador. Na pantalla aparece algo así: 3┘4 Fracción en forma de número mixto A calculadora expresa os resultados de operar con fraccións en forma de número mixto. Se queremos saber cal é o número mixto equivalente a unha fracción impropia so temos que escribila e pulsar igual. Aparecerá o número mixto expresado do seguinte modo: 1┘4┘5 que quere dicir 1+4/5. Para escribir un número mixto tamén o podemos introducir de ese modo.Se queremos saber cal é a fracción impropia equivalente a un número mixto escribimos o número mixto e a continuación pulsamos a tecla SHIFT e despois a tecla de fracción (ab/c). Na pantalla aparecerá a fracción impropia. A calculadora sempre da os resultados coa fracción irredutible, así que se queremos simplificar unha fracción, so temos que poñela na calculadora e pulsar =. Aparecerá a fracción irredutible equivalente. No caso de que sexa unha fracción impropia aparecerá o número mixto equivalente e para transformala facemos o indicado antes. Operacións A calculadora fai as operacións aritméticas (+ - · :) do mesmo modo que con números decimais, e tamén as parénteses, e da o resultado coa fracción irredutible e forma de número mixto. As teclas de potencias e raíces rompen a nomenclatura de fracción e dan o resultado en forma decimal. Pasar de fracción a decimal Se escribimos unha fracción, pulsamos = e pulsamos a tecla
aparece o número en forma decimal. Volvendo a pulsar o mesmo botón,
aparece en forma de fracción. Se escribimos un número decimal a calculadora non sabe como escribilo en forma de fracción. |
| 5. Exercicios |
| Realiza
coa calculadora os cálculos indicados na escena. Cando resolvas a
primeira liña, escribe a fracción resultado poñendo o numerador onde
pon numerador 1 e o denominador onde pon denominador 2 e despois pulsa
intro. Se o fixeches correctamente aparecerá a resposta correcta de cor
verde, en caso contrario non aparecerá. Fai o mesmo para a segunda e a
terceira liñas. Lembra que a gran raia de fracción debe interpretarse
como cociente e debes encerrar entre parénteses tanto o numerador como
o denominador da mesma. Pulsando INICIO aparecerán novas operacións. |
![]() |
||||||
| Emilio Pazo Núñez | ||
![]() |
||
| © Ministerio de Educación. Ano 2009 | ||

Os
contidos desta unidade didáctica están baixo unha licenza
de Creative Commons se non se indica o contrario.