O curso pasado por primeira vez utilicei os
ordenadores na miña clase, traballando a estatística descritiva cunha folla de
cálculo; certamente tiven que adicar mais tempo que co método tradicional, pero
os resultados da avaliación foron bos, os alumnos e alumnas traballaron moito
e penso que foi o que mais lles gustou de todo o curso. Este ano propuxéronme participar na experiencia Descartes na aula organizada
polo Ministerio de Educación, Política Social y Deporte,
en colaboración coa Xunta de Galicia, na que utilizando un
material didático novedoso e manipulativo, a web Descartes, os
alumnos convertense en os protagonistas da sua aprendizaxe.
Nestas
unidades
didácticas faremos o estudo da semellanza e iniciamos
o da trigonometría, tamén veremos exemplos
prácticos e as súas aplicacións.
|