INFORME FINAL EDA 2009
|
Profesor: JOSÉ MANUEL SÁNCHEZ GONZÁLEZ |
CENTRO EDUCATIVO
IES MENDIÑO de REDONDELA (PONTEVEDRA)
GRUPO NO QUE SE LEVOU A CABO A EXPERIENCIA
Elixín para esta experiencia dous grupos de alumnos de 1º ESO un (1ºESOB) de 11 alumnos e o outro (1ºESOC) de 11 e en metade da experiencia agregouse un máis, resumindo dous grupos de 1º ESO un de 11 e outro de 12 alumnos e alumnas
OBXECTIVOS DA EXPERIMENTACIÓN
Utilizar unha metodoloxía máis atractiva e que os alumnos e alumnas se mostren máis activos na clase de matemáticas e que traballen a un ritmo axeitado a cada un.
Poder introducir cambios na metodoloxía nos seguintes cursos académicos, tendo en conta os resultados desta experiencia, tratando de avaliar o proceso de ensino das matemáticas mediante o uso das TICs na aula e máis concretamente co uso do Proxecto Descartes.
CONTIDOS MATEMÁTICOS ESTUDADOS
Os números enteiros. Operacións con números enteiros: suma, resta multiplicación e división
Potencias e raíces. Descomposición factorial. Divisibilidade. Múltiplos e divisores. Mcd e mcm
A AULA DE INFORMÁTICA
Na aula de ordenadores hai 12 equipos (Pentium IV) que estiveron a funcionar durante a experiencia.
Un ordenador por alumno.
A aula conta cunha conexión ADSL para Internet.
Na aula é onde imparto a clase de Matemáticas para os dous grupos durante todo o curso.
UNIDADES DIDÁCTICAS DESCARTES
Na experiencia utilicei varias unidades Descartes:
Os números enteiros:
Los números enteros: http://descartes.cnice.mec.es/materiales_didacticos/enterosdesp/index.htm
Operaciones con números enteros 1: http://descartes.cnice.mec.es/materiales_didacticos/enteros1/index.htm
Operaciones con números enteros 2: http://descartes.cnice.mec.es/materiales_didacticos/enteros2/index.htm
Potencias e raíces. Múltiplos e divisores. Mcd e mcm
Potencia y raíces: http://descartes.cnice.mec.es/materiales_didacticos/Potencias_y_raices/index.htm
Múltiplos y divisores, mcd y mcm: http://descartes.cnice.mec.es/materiales_didacticos/Multiplos_divisores/index.htm
RECURSOS AUXILIARES
O único que utilice foron as unidades didácticas de Descartes e follas de exercicios e problemas que fixen para que os alumnos e alumnas resolvesen na casa e en clase.
DESENVOLVEMENTO DA EXPERIENCIA
A experiencia cos alumnos comezou o 28 de setembro e finalizou o 4 de decembro, as sesións realizáronse na aula de informática pois é a aula onde imparto clase durante todo o curso. Queda por realizar a proba de avaliación das dúas unidades que efectuarei o 11 de decembro.
No diario de clase que achego (diario) aparece todo o desenvolvemento da experiencia, resumindo os alumnos desenvolvían en clase as unidades de Descartes, na casa realizaban as follas de exercicios e problemas (follas de exercicios unidade 1: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 follas de exercicios unidade 2: 1, 2, 3, 4), que case sempre as corrixía individualmente indicando e vendo os problemas que lle xurdían. Algúns días tivemos posta en común.
DATOS DA AVALIACIÓN
O primeiro día realizaron a enquisa inicial que me enviaron (enquisa inicial) cos resultados que achego (resultados), estes alumnos e alumnas proveñen case todos do rural.
O último día realizaron a enquisa final que me enviaron (enquisa final) cos resultados que achego (resultados), nos resultados faltan as opinións dos alumnos, que foron practicamente nulas.
Cinco alumnos pedíronme as unidades para traballar na casa como as tiña en clase par o caso en lle que non houbese internet cópiellas/llelas e estiveron a traballar con elas.
Realice tres probas, unha de cada unidade (unidade1,unidade2) e outra das dúas unidades (unidade1-2), Los resultados das dúas probas foron os seguintes:
Proba1 |
Proba2 |
Proba1-2 |
||||
1ºESO B | 1ºESO C | 1ºESO B | 1ºESO C | 1ºESO B | 1ºESO C | |
[8-9) | 0 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 |
[7-8) | 2 | 1 | 1 | 0 | 2 | 0 |
[6-7) | 2 | 2 | 4 | 3 | 4 | 4 |
[5-6) | 4 | 1 | 3 | 1 | 4 | 3 |
[4-5) | 1 | 2 | 2 | 2 | 1 | 2 |
[3-4) | 2 | 4 | 0 | 3 | 0 | 2 |
[2-3) | 0 | 0 | 1 | 2 | 0 | 0 |
VALORACIÓN PERSOAL
A experiencia para mi e para o alumnado foi bastante positiva.
Os alumnos e alumnas conseguiron os obxectivos formulados, aumentou algo o interese pola materia debido ao uso do ordenador. Eles están interesados en seguir co uso do ordenador para a clase de matemáticas. Posiblemente como estamos nunha aula na que temos á nosa disposición os ordenadores con conexión a internet, ao longo deste curso utilizareina para algún dos temas.
|