NEWTON NA AULA |
PRÁCTICA Nº 5
avaliación da experimentación da unidade
O movemento |
Xosé A. Alonso Fernández
O IES Monte da Vila é un instituto situado na localidade de O Grove. Inagurado no curso 1985/86, e por primeira vez a localidade dispuxo dun centro de ensino onde se impartíran estudos de educación secundaria nas diversas formas habidas tanto de bacharelato como de formación profesional.
Actualmente acolle estudos de bacharelato nas modalidades ( Ciencia e Tecnoloxía e de Humanidades e Ciencias Sociais), así como estudos de formación profesional (Ciclo medio de equipos electrónicos de consumo), así como Programas de Cualificación Profesional Inicial, un de tipo A e potro de tipo B.
Para experimentación elixiuse o alumnado que forma o grupo de 1º curso de bacharelato ao que podemos describir a través das seguintes características: rendemento educativo medio baixo; desigual na participación en clase e en xeral con boa actitude.
Non todos os contidos previstos se puideron desenvolver, só os que versan sobre o estudo cinemático do movemento puideron ser tratados, e son os seguintes:
O aula de informática, como xa se describiu na práctica 2 conta con dezanove computadoras DELL OPTIPLEX 745 e teñen as seguintes características:
A inidade didáctica utilizada foi elaborada por mín, usando o editor Edinewton para a xeración do menú vertical e para o resto utilicei o editor Dreamweaver. Para achegarse débese premer no seguinte botón:
UNIDADE DIDÁCTICA |
Autor: C. PALACIOS (1ºBAC) |
|
Autor: C. PALACIOS (1ºBAC) |
|
Autor: C. PALACIOS (4ºESO) |
Cada alumno e alumna dispuxo dun caderno de traballo co fin de recoller:
|
|
Na súa elaboración debeuse ter en conta:
|
Autora: ÁNGELA NÚÑEZ |
|
Autor: JAUME BARTOLÍ BRUGUÉS |
|
Autor: JUAN ÁVILA (Descartes) |
Proxectánse na co canón na pantalla da aula catro animacións Modellus de física sobre Sistemas de referencia Procedencia (Web del Departamento de Física y Química del IES "Leonardo Da Vinci ") . Para iso foi necesario instalar o programa gratuíto Modellus (versión 2.1) , desde a páxina oficial de Modellus, son:
Autor: DAVID M. HARRISON (Tareaescolar) |
Resolución de cuestións e problemas indicados na folla de traballo e no diario de clase.
Proxectánse na co canón na pantalla da aula outras catro animacións Modellus
Coméntanse e resólvense as actividades propostas ao final do apartado vector velocidade. Coméntanse e reólvense outras actividades do libro de texto.
CIENCIAS GALILEI |
|
CIENCIAS GALILEI |
Pídese resolvan exercicios incluídos na mesma folla de traballo e outros do libro de texto que tamén se recollen na mesma folla.
Propónse a resolución de exercicios extraídos de fisicanet, así como as actividades propostas "movementos con aceleración nula". Entre estas actividades ecóntrase un enlace a un exercicio, de móbiles con MRU ao encontro, con solución nunha presentación power point.
Para seguir insistindo nas representación gráficas dos movementos de forma interactiva (x-t, v-t, a-t) entrar en:
Autor: WALTER FENDT |
Neste apartado adicado aos movementos con vector aceleración constante, amplíase a teoría, como instrumento subiuse á páxina do instituto unha presentación power point, á que se accede premendo na seguinte enlace:
Para a resolucións de problemas de caída libre, na unidade didáctica encóntrase un enlace a un power point (caida_libre.ppt) onde o alumnado pode seguir unha proposta de procedemento.
Para o tipo de de problemas de tiro verical subiuse á páxina do instituto unha presentación power point, á que se accede premendo na seguinte enlace:
Para a resolución de problemas de tiro horizontal ofrecese un power point ao que se accede premendo no seguinte enlace:
Todos estes Power Point que se encontran ao alcance do alumnado, na web do IES, foron presentados con proxector, na aula normal en sesión de grande grupo.
Ademais:
O diario de clase cumple unha dobre función, recoller as incidencias, comentarios do alumnado, do profesor, etc, dun lado, e polo outro presentar ao alumnado novos instrumentos de aprendizaxe, proposta de novas actividades: cuestións problemas.
Nel ecóntrase reflectidas as anotacións máis relevantes. Elaborouse tomando como referencia o desenvolvemento dos contidos a través das "follas de traballo" e non criterio diario. Para entrar premer en .
Dun total de 20 sesións, 11 (55%) foron na aula normal e 9 (45%)na aula de informática. Do total previsto 22 sesións dúas non se realizaron.
A distribución, segundo as follas de traballo foi:
4 sesións |
|
1 sesións |
|
4 sesións |
|
2 sesións |
|
2 sesións |
|
7 sesións |
|
......... |
Das actuacións prevista, antes do comezo da experimentación, rexeitouse a realización dunha proba de coñecementos previos dado que xa se lle realizou na semana de inicio do actual curso académico.
Ao modelo de enquisa inicial e os correspondentes resultados pódese aceder premendo nos correspondentes enlaces.
Ao modelo de enquisa final e os correspondentes resultados pódese aceder premendo nos correspondentes enlaces.
Para acceder a valoración do profesor a respecto dos cadernos de traballo premeráse no seguinte enlace.
Aos resultados e conclusións das probas de avaliación, proba1 e proba2, accedese premendo nos correspondentes enlaces.
En relación cos obxectivos programados para o profesor:
Cando comezei a pensar que tiña que valorar a experiencia, unha idea destacou, a eficacia formativa esta actividade ten, o que non adoita ser moi frecuente no ámbito dos cursos que se ofrecen para a formación do profesorado.
A participación nesta experiencia representou para min, iniciarme no uso de programas como os editores Edinewton e Dreamweaver, como o programa de tratamento da imaxe (Photoshop); unha oportunidade para iniciarme no uso interactivo do ordenador na aula e ir descubrido as súas posibilidades como medio de aprendizaxe, así como a posibilidade de utilizar novos materiais didácticos. En resumo atopar unha posibilidade para ir dando pasos no tan necesario e desexado cambio metodolóxico.
Mentres, neste momento non me considero en condicións para expresarme con tanta rotundidade e convencemento sobre algúns dos outros aspectos que deben, ineludiblemente, formar parte da valoración. Estes outros ámbitos de avalización son os que teñen como suxeito ao alumnado.
En relación cos obxectivos programados para o alumnado:
Considero necesario, antes de emitir unha opinión sobre a participación e os resultados acadados polo alumnado, recoñecer que o contexto no que se desenvolveron non era o mellor posible. O profesor, segundo quedou de manifesto en paragrafos anteriores non é un experto precisamente, no uso das ferramentas informáticas, como consecuencia, para a elaboración da Unidade Didáctica e para a selección dos recursos auxiliares o tempo non sobraba, e así a calidade destes elementos no foi a mellor.
Por outra banda as incidencias (corte de suministro electrico) na aula de informática, as carencias de dotación na aula normal (había que transportar ordenador e canón cada vez que se quería utlizar e despois desmontar), tampouco axudaron.
A resposta do alumnado aos cambios producidos no entorno de aprendizaxe foi diversa: O de mellor rendemento académico, non tivo dificultades de adaptación, aplícaronse na tarefa e, avanzando na unidade, foron acadando certa autonomía; o alumnado, comprometido coa súa formación, pero con resultados académicos peores, tivo máis dificultades, necesitando apoios frecuentes do profesor, e por último, o alumnado máis despegado e con peor rendemento académico, non modificou significativamente a súa actitude e seguíu tendo malos resultados.
O alumnado cualifica con 3,4 sobre 5 o nivel de consecución dos obxectivos previstos, o 75% manifesta que a experiencia foi (normal-entretida-interesante) e o 25% a considero aburrida, e o 77% prefire a clase tradicional.
Estes datos apuntan na dirección de que debemos coidar os cambios metodolóxicos, habería que promover o traballo en equipo do profesorado, a mellora da dotación dos centros, a toma de medidas de índole organizativa nos centros contemplar a posibilidade da implantación das aulas materia, por exemplo.