Newton é a unidade de forza |
Aínda que se usan diferentes unidades por países e ámbitos (dina, Kp, etc), a unidade recomendada é a do Sistema Internacional de Unidades: o Newton.
Defínese como a forza que aplicada durante un segundo a unha masa de 1 kg incrementa a súa velocidade en 1 m/s. é unha definición obtida da aplicación da 2ª Lei de Newton: Forza que aplicada a unha masa de 1kg comunícalle unha aceleración de 1 ms-2 F = M· a ; 1 N = 1kg ·1 m·s-2
É importante que distingas a masa do peso. A masa é unha propiedade da materia que expresa a forma en que un obxecto se comporta fronte á forza (reflicte a súa inercia) m = F/a. O peso é a forza de interacción entre a Terra e un obxecto (reflicte a atracción entre masas). |