Conclusións sobre o momento lineal e impulso | ||||||
Chamamos momento lineal á magnitude que nos mide a capacidade que ten un corpo de producir un efecto sobre outro nunha colisión.
Chamamos impulso á variación do momento lineal. Cando aumentamos o momento lineal dun corpo, está recibindo impulso positivo; cando diminuímos ese mesmo momento lineal, o impulso é negativo.
Principio de conservación do momento lineal: Cando un sistema de partículas non recibe impulso do exterior, o seu momento lineal total é constante. |