3ª Lei de Newton: Lei de acción e reacción Exemplo
Cando dúas partículas interaccionan, a forza F que a primeira exerce sobre a segunda, é igual e oposta á forza F que a segunada exerce sobre a primeira, estando ambas sobre a recta que une as partículas. O proceso é simultáneo. As forzas existen mentres dura a interacción. Ver interaccións.

 

 

Escríbese F1/2 para indicar a forza que o corpo 1 exerce sobre o 2 e F 2/1 para indica a forza que o corpo 2 exerce sobre o 1. Son iguais e opostas. Están aplicadas en distinto corpo (de estar aplicadas as dúas no mesmo anularíanse).

Nos choques prodúcense múltiples situacións en canto a velocidades de rebote segundo a masa dos obxectos que interaccionan e as súas velocidades




Os choques entre obxectos con igual masa e distintas velocidades intercambian as súas velocidades.