FORZAS E PRESIÓNS EN FLUIDOS(I)

 

 

 

1. OBXECTIVOS

 

§         Distinguir entre presión e forza

§         Recoñecer os efectos dunha mesma forza sobre diferentes superficies.

§         Entender o carácter escalar da Presión.

§         Identificar a presión no interior dun fluido

§         Saber cales son as magnitudes que inflúen na forza que experimenta un corpo sumerxido nun fluido.

§         Interpretar experiencias relacionadas co Principio de Arquímedes.

§         Entender como se transmite a presión no interior dos fluidos.

§         Coñecer o Principio de Pascal e as súas aplicacións.

§         Recoñecer a presión atmosférica.