A masa, é a magnitude que cuantifica a cantidade de materia dun corpo.

Polo tanto todo corpo vai ter masa, aínda no caso que nós non o vexamos cos nosos ollos como é o caso dos gases.

A unidade de masa, no Sistema Internacional de Unidades é o kilogramo (kg).

Cando hai máis dunha partícula que é ao que chamamos sistema discreto de partículas, a masa estará en cada partícula, pero para simplificar as cousas nós definimos o centro de masas, como un punto xeométrico onde nós podemos considerar que está situada toda a masa do sistema de partículas.

O centro de masas comportase dinámicamente como si estiviese sometido á resultante das forzas externas que actúan sobre o sistema.

resumindo o centro de masas usámolo no caso que non sexa unha partícula a que imos estudar, senon, un conxunto de partículas, no caso que fose unha partícula o centro de masas coincide con esta.

Normalmente se abrevia como CM.