Estatística descriptiva

Representación numérica de datos


 RECONTO DE DATOS.

Unha vez obtidas unha serie de datos pasamos a ordenalos e clasificalos. No caso de que o carácter sexa cualitativo ordenaremos os datos por cada unha das modalidades do carácter estudado. Pola contra se o carácter é cuantitativo entón ordenaremos os datos de menor a maior.

TÁBOA DE FRECUENCIAS.

Unha táboa de frecuencias será o lugar onde quedarán ordenados os distintos datos. Para iso disporemos unha táboa na que aparecerán as seguintes columnas:

                    - Modalidades (xi): Son cada un dos valores que pode tomar unha variable estatística. No caso dunha variable estatística continua, os valores agrúpanse en conxuntos de números entre dous limites dados, a estes conxuntos de números chámaselles clases. Para poder facer a análise dos datos, calcúlanse os puntos medios de cada clase, que se chaman marcas de clase.

                    - Frecuencia absoluta (ni): Número de veces que se repite unha modalidade.

                    - Frecuencia relativa (fi) de cada unha das modalidades é o cociente entre a frecuencia absoluta e o número total de datos.

                    - Frecuencia absoluta acumulada (Ni) de certa modalidade é a suma da frecuencia absoluta desa modalidade e as anteriores a ela.

                   - Frecuencia relativa acumulada (Fi) de certa modalidade é a suma das frecuencias relativas desa modalidade e as anteriores.


Exemplo:

Observa a seguinte escena, se tomamos a variable estatística número 1 temos a táboa de frecuencia dunha variable discreta, as notas dunha proba de matemáticas de 40 alumnos. Se tomamos a variable 2 trátase da táboa de frecuencias (non completa) dunha variable continua, as alturas dun grupo de 33 alumnos.

                               


Actividades:   

1. - Traslada a táboa de frecuencias do caso discreto ao teu caderno, observando como foron calculadas cada unha das frecuencias.

2. - Comproba que a suma de todas as frecuencias absolutas é igual ao número de alumnos e que a suma de todas as frecuencias relativas é igual a 1.

3. - Pasa á variable continua utilizando o botón, e traslada ao teu caderno a táboa de frecuencias incompleta. Calcula as marcas de clase, frecuencia absoluta, frecuencia relativa, frecuencia absoluta acumulada e frecuencia relativa acumulada e completa a táboa.


 

                                                                                                                                                    

  Autor José Valentín Pérez Pérez traducida Adelino Pose Reino
 
© Ministerio de Educación, Politica Social y Deporte. 2008