MEDIDA DE ÁNGULOS. RADIÁN
Trigonometría
 

1. MEDIDA DE ÁNGULOS. RADIÁN.
Consideramos unha circunferencia co centro no vértice do ángulo e o arco que interceptan os lados do ángulo. Se o arco mide o mesmo que o radio da circunferencia, entonces dicimos que o ángulo é dun radián. En xeral, os radios que mida o arco son os radiáns que ten o ángulo. Como a circunferencia mide 2p radios, un ángulo de 360º ten 2p radiáns.
1 radián=360º/2p=180º/p=aprox. 57º17'45"
1º=2p/360 radiáns=p/180 radiáns=aprox. 0'01745 radiáns

Non se adoita sustituír p por un valor aproximado. Fálase dun ángulo de p/3 radiáns, de p/2 radiáns, etc.

1_ Observa a relación entre graos e radiáns modificando as entradas en graos e vendo como cambia a escena. Comproba que 60 graos non é un radián, apunta o que observas.
Na escena p =Pi
O botón Inicio restaura os valores iniciais.
2.- Representa sucesivamente os ángulos de 20º, -30º, -60º, 120º, -180º, 200º, -270º, 300º, observa e anota no caderno a equivalencia en radiáns.

2. CAMBIO DE RADIÁNS A GRAOS
A seguinte escena sérveche para transformar radiáns en graos. Observa que as equivalencias son un tanto "raras", en canto que non son números moi sinxelos.
3.- Introduce sucesivamente 1, 2, 3, 4 radiáns e observa a equivalencia en graos minutos e segundos, recolle os datos na ficha de traballo.

Un radián son 90 graos?

Mide a circunferencia 4 radiáns?

 
Pulsa o botón Inicio para restaurar os valores iniciais.
4.- Utiliza as escenas para completar, no teu caderno de traballo, a seguinte táboa.
Graos 45º     150º   270º
Radiáns     p/3 p/2   p  

           
           
  Jesús Fernández Martín de los Santos (Modificada por Ana Isabel Gómez López)
 
© Ministerio de Educación, Política Social e Deporte. Ano 2008
 
 


Los contenidos de esta unidad didáctica están bajo una licencia de Creative Commons si no se indica lo contrario.