![]() |
Estatística descriptiva |
Representación gráfica dunha serie de datos |
DIAGRAMAS DE BARRAS. Son gráficos estatísticos formados por barras as alturas das cales coinciden coas frecuencias absolutas ou relativas. POLÍGONOS DE FRECUENCIAS. Son gráficos estatísticos que se obteñen ao unir os extremos das barras do correspondente diagrama de barras.
|
Actividades:
4. - Manipula a escena de
maneira que observes como se representaron graficamente os datos
das cualificacións en Matemáticas de 40 alumnos. Traslada esta
situación ao teu caderno e contesta a estas preguntas:
¿Que cualificación é a que máis se repetiu entre os alumnos?
¿Cantos alumnos aprobaron a proba?
¿Que cualificación é a que menos se repetiu entre os alumnos?
5. Constrúe un diagrama de barras e un polígono de frecuencias para o caso continuo dos talles dunha serie de alumnos exposto anteriormente. Ten en conta que neste caso debes traballar coas marcas de clase.
Autor José Valentín Pérez Pérez traducida Adelino Pose Reino |
![]() |
||
© Ministerio de Educación, Politica Social y Deporte. 2008 | ||