Números reais. aproximacións. | |
Álxebra | |
|
3. NÚMEROS RACIONAIS |
Un número racional é unha fracción e todas os seus equivalentes.
Os números naturais e os números enteiros podémolos expresar en forma de fracción. |
Pulsa os botóns par ver exemplos de fraccións equivalentes e de enteiros expresados en forma de fracción. Copia polo menos dous exemplos de cada tipo no teu caderno. |
|
4. REPRESENTACIÓN DOS NÚMEROS RACIONAIS | |
Fracción con numerador menor que o denominador (Fracción Propia):
Divídese o segmento entre 0 e 1 en tantas partes iguais como indica o denominador e cóllense tantas como indica o numerador, se a fracción é negativa divídese o segmento entre -1 e 0. |
|
|
Pulsa o botón INICIO e verás a representación dunha fracción con numerador máis pequeno que o denominador. Copia polo menos dúas representacións distintas no teu caderno. |
Fracción con numerador maior que o denominador (Fracción Impropia):
Escríbese a fracción na forma onde r é o resto da división de n entre d. Divídese o segmento entre e e e+1 en tantas partes iguais como indica o denominador d e se collen tantas como indica o numerador r, se a fracción é negativa divídese o segmento entre -e e -e-1. |
|
Pulsa o botón INICIO e verás a representación dunha fracción con numerador maior que o denominador. Copia polo menos dúas representacións distintas no teu caderno. |
4. EXERCICIOS |
Representa no teu caderno as fraccións:. Cando o remates podes comprobar se o fixeches ben coa escena, para iso introduce a fracción cos controis num e den e pulsa SOLUCIÓN |
Miguel Angel Cabezón Ochoa Traducción ao galego: Pedro A. Pazos García | ||
© Ministerio de Educación e Ciencia. Ano 2004 | ||