MEDIDA DE ÁNGULOS. RADIÁN
Trigonometría
 

1. MEDIDA DE ÁNGULOS. RADIÁN.
Consideramos unha circunferencia co centro no vértice do ángulo e o arco que interceptan os lados do ángulo. Se o arco mide o mesmo que o radio da circunferencia, entonces dicimos que o ángulo é dun radián. En xeral, os radios que mida o arco son os radiáns que ten o ángulo. Como a circunferencia mide 2p radios, un ángulo de 360º ten 2p radiáns.
1 radián=360º/2p=180º/p=aprox. 57º17'45"
1º=2p/360 radiáns=p/180 radiáns=aprox. 0'01745 radiáns

Non se adoita substituír p por un valor aproximado. Fálase dun ángulo de p/3 radiáns, de p/2 radiáns, etc.

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE. 1_ Observa a relación entre graos e radiáns modificando as entradas en graos e vendo como cambia a escena. Comproba que 60 graos non é un radián, apunta o que observas.
Na escena p =Pi
O botón Inicio restaura os valores iniciais.
2.- Representa sucesivamente os ángulos de 20º, -30º, -60º, 120º, -180º, 200º, -270º, 300º, observa e anota no caderno a equivalencia en radiáns.

2. CAMBIO DE RADIÁNS A GRAOS
A seguinte escena sérveche para transformar radiáns en graos. Observa que as equivalencias son un tanto "raras", en canto que non son números moi sinxelos.
Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE. 3.- Introduce sucesivamente 1, 2, 3, 4 radiáns e observa a equivalencia en graos minutos e segundos, recolle os datos na ficha de traballo.

Un radián son 90 graos?

Mide a circunferencia 4 radiáns?

 
Pulsa o botón Inicio para restaurar os valores iniciais.
4.- Utiliza as escenas para completar, no teu caderno de traballo, a seguinte táboa.
Graos 45º     150º   270º
Radiáns     p/3 p/2   p  

           
           
  Jesús Fernández Martín de los Santos (Modificada por Ana Isabel Gómez López)
 
© Ministerio de Educación, Política Social e Deporte. Ano 2008
 
 


Los contenidos de esta unidad didáctica están bajo una licencia de Creative Commons si no se indica lo contrario.