Posto que as representacións gráficas do seno e do coseno se manteñen dentro da circunferencia goniométrica, a escena serve para comprobar que para calquera ángulo que consideremos, o valor do seno estará comprendido entre 1 e -1, é dicir non existen ángulos con seno maior que 1 nin ángulos con seno menor que -1. O mesmo podemos dicir do coseno.
Observa que á secante e a cosecante lles acontece o contrario, o seu valor absoluto non pode ser menor que 1. Isto é así porque son inversas do coseno e do seo respectivamente, pero a escena tamén o corrobora porque a súa
representación gráfica nunca é menor que o radio da circunferencia goniométrica.